PROXECTO · DESENVOLVEMENTO WEB
Sitios corporativos a medida con Astro
Deseño e desenvolvemento de sitios web rápidos e a medida para empresas reais. Encárgome de todo o proceso —maquetación, compoñentes, rendemento, accesibilidade e despregamento— partindo das necesidades e as pautas de cada cliente.
Tecnoloxías
AstroTypeScriptTailwind CSSHTML / CSSResponsiveSEO
Os sitios · 01
Scrumtegy
Desenvolvemento completo · prácticas (DAM)
Visitar sitio ↗ Web corporativa dunha consultora de software de estratexia e cadro de mando. Construína integramente durante as miñas prácticas, de principio a fin: unha soa persoa, da maquetación ao despregamento. Cada cambio de interface aplicouse seguindo as indicacións da dirección.
- Páxina de presentación con seccións de produto, funcionalidades e rede de aliados.
- Formulario de contacto e solicitude de demo.
- Construída con Astro: rápida, lixeira e optimizada.
Web corporativa dunha empresa de sinalización e regulación semafórica. Arranquei o sitio con Astro e manteño e amplío de forma continua: polo de agora unha páxina con hero, servizos e proposta de valor, e vou sumando seccións que explican a empresa, seguindo as pautas de deseño do responsable.
- Hero con servizos e proposta de valor.
- Deseño limpo e responsive, en crecemento cara a máis subpáxinas.
- Decisións de deseño marcadas pola dirección.